ChatGPT quere converterse no noso personal shopper
martes, 29 de abril do 2025
Nos últimos meses fÃxose habitual que moitos usuarios cando buscan información en vez de recorrer a Google acoden directamente a ChatGPT para atopar a solución ás súas dúbidas, até o punto de que a plataforma de OpenAI rexistrou máis de mil millóns de buscas na web na última semana.
Para que estas consultas fosen aÃnda máis prácticas para os usuarios, deron un paso adiante cun experimento que está a resultar moi prometedor, e que consiste en facilitar a localización e selección de produtos a comprar. Deste xeito, podemos indicarlle a ChatGPT o produto que queremos e as condicións que debe cumprir, para que o localice en tendas en liña, achegue detalles sobre o produto, presente detalles sobre o mesmo (incluÃndo o seu prezo e as crÃticas doutros compradores) e inclúa tamén unha ligazón para poder realizar a súa compra.
Estamos ante unha solución que resulta de grande utilidade para o consumidor, xa que evita moito do ruÃdo presente cando buscamos na web, do mesmo xeito que tamén axiliza moito a localización de produtos que se axustan ás nosas esixencias, e que, de popularizarse, suporá toda unha revolución para a compra en liña.