ChatGPT recibe máis de 2.500 millóns de ordes ao dÃa
luns, 21 de xullo do 2025
Nun momento no que ChatGPT está de máxima actualidade polo lanzamento do seu axente capaz de realizar tarefas complexas na web de xeito autónomo, OpenAI comunicou a Axios datos estatÃsticos actualizados que resultan impresionantes. Aseguran que actualmente ChatGPT recibe máis de 2.500 millóns de ordes ao dÃa a nivel mundial, das que máis de 330 millóns corresponderÃan a usuarios estadounidenses. Tamén confirman que a versión de balde de ChatGPT é máis utilizada, superando os 500 millóns de usuarios activos á semana.
AÃnda que estes datos estarÃan moi lonxe dos de Google (que manexa uns 14 mil millóns de consultas ao dÃa), o crecemento de ChatGPT está a manter un ritmo elevadÃsimo, e cada vez son máis usuarios que fan uso da IA a xeito de buscador, polo que podemos entender que dende Mountain View estean a acelerar as súas integracións de IA para evitar a fuxida masiva de usuarios a plataformas de competidores emerxentes que poderÃan rematar sendo unha seria ameaza para o seu negocio.
