Chega Back 4 Blood, o sucesor espiritual de Left 4 Dead

mércores, 13 de outubro do 2021 Marcus Fernández

Os seareiros de Left 4 Dead teñen agora un novo xogo considerado o seu sucesor espiritual, Back 4 Blood, desenvolvido por Turtle Rock Studios, que creara Left 4 Dead para Valve e desta volta traballou para Warner Bros. Interactive Entertainment produción versións para PC, PS4, PS5, Xbox One e Xbox Series X|S, sendo especialmente salientable o feito de que a súa versión estándar está incluída dentro do Xbox Game Pass para consola, PC e nube, o que garante que xogo cooperativo de acción en primeira persoa bote a andar cunha importante base de usuarios.
Este novo xogo ofrece unha intensa campaña cooperativa para 4 xogadores, modo multixogador competitivo como humano ou infectado e cunha frenética experiencia de xogo que manterá ao xogador en medio da acción e permitirá unha rexogabilidade extrema.
Back 4 Blood desenvólvese despois dunha epidemia catastrófica, que matou ou infectou a case toda a humanidade, e un grupo de veteranos da apocalipse chamados Exterminadores xuntaron forzas para loitar pola humanidade e rematar cos arrepiantes parasitos chamados infectados e recuperar o control do mundo.

O xogo conta cun modo historia cooperativo para 4 xogadores recuperando a esencia de Left 4 Dead

Tráiler de lanzamento de Back 4 Blood

PUBLICIDADE