Chega Warzone, o Call of Duty que busca competir con Fortnite

martes, 10 de marzo do 2020 Marcus Fernández

O fenómeno dos xogos tipo battle royale está cada día máis presente, a agora chega ao mundo de Modern Warfare co novo Call of Duty Warzone, que permitirá campos de batalla con até 150 xogadores repartidos nun mapa xigantesco que combina localizacións novas con algunhas clásicas da franquía.
Este novo título pode xogarse de balde, aínda que, como tamén acontece noutros xogos semellantes, está dispoñible a posibilidade de adquirir un pase de batalla que desbloquea un cento de niveis de contido. O xogo está dispoñible para PC, PS4 e Xbox One, e conta con dous modos de xogo: o battle royale, no que haberá que loitar para ser o último escuadrón en pé mentres se fuxe dun gas mortal; e o plunder, no que haberá que ir derrotando a outros xogadores para facerse cos seus botíns.
Nas vindeiras semanas veremos se este xogo consegue plantar cara a Fortnite PUBG, Apex Legends e outros títulos que teñen unha ampla base usuarios, pero que non partían dunha franquía tan consolidada como a de Call of Duty.

En Call of Duty Warzone non falta numeroso armamento e vehículos

Tráiler de lanzamento de Call of Duty Warzone

PUBLICIDADE