Chega a 14ª xeración de procesadores Intel Core para ordenadores de sobremesa
martes, 17 de outubro do 2023
Os procesadores
Intel Core de 14ª xeración para equipos de escritorio xa son unha
realidade, encabezados polo procesador Intel Core i9-14900K, que destaca por
soportar velocidades de reloxo de até 6 GHz, polo que resulta ideal para os
afeccionados aos videoxogos que queren conseguir o máximo rendemento, mentres
que os procesadores Intel Core i7-14700K ofrecen un 25% máis núcleos,
resultando ideais para creadores que poderán tirar proveito destes procesadores
para as grandes cargas de traballo multi-fÃo.
De lanzamento temos 6 novos procesadores de escritorio, con até 24 e 32
núcleos, e inician a súa comercialización hoxe mesmo.
Esta
14ª xeración de procesadores de Intel achegan até un 23% de incremento no
desempeño en videoxogos, contan con grandes posibilidades para realizar overclocking,
son compatibles con chipsets Intel 600/700 (facilitando asà a actualización dende
equipos actuais) e tamén inclúen unha conectividade moi avanzada, como
conectividade Wi-Fi 6/6E e Bluetooth 5.3 integradas ou a posibilidade de
incorporarlle Wi-Fi 7 e Bluetooth 5.4. Estes procesadores tamén soportan conexións
Thunderbolt 4 e Thunderbolt 5, soportando asà conexións de cable de até 80 Gbps.