Chega a España a nova PlayStation 3, máis lixeira e delgada

venres, 28 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Tras a súa presentación no Tokyo Game Show, chega hoxe ás tendas españolas o novo modelo de PlayStation 3, máis delgada e lixeira que a anterior (que xa era máis delgada que a orixinal), estando dispoñible en 2 modelos distintos: unha con disco duro de 500 Gb e outra cunha unidade de 12 Gb de capacidade (coa posibilidade de ampliarse cun disco duro interno SATA de 2,5 polgadas).
O modelo de 500 Gb estará dispoñible en 2 lotes diferentes, acompañado co xogo FIFA 13 ou co F1, mentres que o modelo de 12 Gb venderase solta, polo que consegue un prezo máis axustado (229,99 euros) converténdose nunha boa opción de entrada. O prezo oficial das PS3 de 500 Gb con xogo incluído é de 304,99 euros, aínda que é posible atopalas ata por 20 euros menos.
O prezo da PS3 de 12 Gb pode resultar un tanto rechamante por ser máis elevado do que o usuario podería desexar, pois por ese mesmo prezo pode mercarse o modelo anterior cun disco duro de 160 Gb, o que parece responder a unha política de Sony pola que non pensar reducir o prezo da PS3 nos vindeiros meses.


Vídeo de presentación da nova PS3

PUBLICIDADE