Chega a España a solución de Wi-Fi en malla Eero 6
mércores, 21 de abril do 2021
Para evitar as zonas sen cobertura Wi-Fi no fogar xurdiron
como unha boa solución as redes Wi-Fi en malla, na que os distintos repetidores
que forman parte da rede comunÃcanse entre si para achegar sempre a conexión
óptima aos usuarios, e Amazon é propietaria dunha das empresas pioneiras nesta
tecnoloxÃa, Eero, que ten novos dispositivos no mercado español.
As novidades que incorpora ao seu catálogo Amazon en España son os Eero 6, ou sexa, a versión da
solución de Wi-Fi mesh de Amazon con conectividade Wi-Fi 6, o que achega
maior velocidade, maior rendemento e mellor cobertura aos dispositivos
conectados (até máis de 75 dispositivos á vez), ao que hai que sumar a
integración dun controlador de fogar dixital Zigbee, ou sexa, que elimina a
necesidade de empregar un concentrador Zigbee adicional, simplificando as
instalacións domóticas.
Esta solución para redes Wi-Fi é sinxela de instalar e controlar, contando
incluso con numerosas funcionalidades para mellorar a seguridade da nosa rede
doméstica. Dende hoxe pode adquirise o Eero 6 a un prezo de 149 euros (só o
router) e de 299 euros (o router con 2 extensores para poder dar cobertura a vivendas
de até 460 metros cadrados).
Con este lanzamento os Eero da xeración anterior baixan de prezo, podendo
adquirirse o Eero básico por 99 euros e o Eero Pro por 169 euros,
diferenciándose a versión Pro por ser tribanda (non existindo polo momento unha
versión tribanda do Eero 6).