Chega a España o Archos 7 Home Tablet
luns, 7 de xuño do 2010
Pese a que o iPad de Apple
coloque o listón moi alto no que a prezo se refire, existen produtos
alternativos moito máis asequibles, entre os que están os baseados en Android
coma o Archos
7 Home Tablet, que vén de chegar a España en exclusiva para os centros de
Media Markt por un
prezo de 150 euros para o seu modelo de 2 Gb e a 180 euros para o modelo con 4
Gb de almacenamento, aÃnda que pare este mesmo mes tamén está programado o
lanzamento dun modelo
de 8 Gb que venderÃase a 199,98 euros.
O Archos 7 Home Tablet mide 203 x 107 x 12 milÃmetros, pesa 388 gramos, é
capaz de reproducir vÃdeo a 720p en numerosos formatos (incluÃndo MKV), ten
unha autonomÃa de 7 horas de reprodución de vÃdeo e 44 horas de música, conta
con lector de tarxetas microSD, conéctase á Rede a través de Wi-Fi e, aÃnda que
inicialmente está orientado a funcións básicas coma o acceso á web, o correo
electrónico, a reprodución multimedia, a mensaxerÃa instantánea ou a lectura de
e-books, pode ampliarse o seu software a través da tenda AppLib.
Podemos entender que este trebello é o equivalente a un móbil con Android, ao
que eliminan as funcións de voz e amplÃan o tamaño da súa pantalla ata 7
polgadas conservando unha resolución de 800 x 480 pÃxeles.
Por desgraza, a versión de Android integrada no trebello é bastante vella (a
1.5) e non incorpora o Android Market (supostamente para garantir unha boa
experiencia de uso coa súa pantalla, aÃnda que na práctica dá a impresión de
que buscan promover a compra das súas propias aplicacións).