Chega a España o Fire TV Stick 4K e o mando a distancia con control de voz
mércores, 4 de setembro do 2019
A familia de reprodutores multimedia de Amazon, os Fire TV,
finalmente medra
en España, incorporando o Fire TV Stick 4K e o mando a distancia con control
por voz de Alexa, destacando este último por abrir a posibilidade de
controlar a reprodución multimedia coa voz nos dispositivos de Amazon, o que
tamén aplÃcase aos dispositivos Echo, que poden aproveitarse para controlar a reprodución
en mans libres. Para facer estes novos produtos máis accesibles, por tempo
limitado teñen prezos especiais.
O Fire TV é un dispositivo bastante popular, que a través dun porto HDMI pode
achegar a un televisor os contidos de Prime Video, Netflix, YouTube,
Atresplayer, Movistar+, RTVE A la carta e outras plataformas en liña, de aà que
sexan populares como un xeito de converter un televisor nun Smart TV ou
actualizar as prestacións dun Smart TV que quedou obsoleto.
O Fire TV Stick 4K é o
modelo máis potente destes trebellos, que achega vÃdeo até unha resolución de
ultra alta definición con compatibilidade con Dolby Vision, HDR e HDR10+,
contando tamén co novo mando a distancia con control por voz.
Cómpre advertir de que o novo
mando a distancia por voz de Alexa é compatible co Fire TV Basic Edition
que até o momento estaba á venda en España.
As funcións de voz non só serven para iniciar a reprodución dunha serie de
televisión, saltar un episodio ou abrir unha aplicación, senón que tamén é compatible
coa electrónica doméstica que teñamos, polo que poderemos aproveitar esta
tecnoloxÃa para controlar a iluminación, o termóstato e outros dispositivos
compatibles, entre os que tamén figuran bastantes cámaras de vixilancia, que
agora son máis accesibles que nunca.