Chega a España o Samsung Galaxy A41
xoves, 28 de maio do 2020
A gama
A de Samsung medra, e tras recibir os modelos Galaxy A51 e Galaxy A71 conta
agora co Galaxy
A41, que chega a España a un prezo de 299 euros. Este smartphone está equipado
con tecnoloxÃa premium para proporcionar unha boa experiencia móbil,
gozar de boas cámaras e boa pantalla e contar incluso cunha boa autonomÃa.
A cámara traseira tripla do Samsung Galaxy A41 ten un sensor principal de 48
MpÃxeles, un grande angular (123 graos) de 8 MpÃxeles e unha cámara de
profundidade de 5 MpÃxeles. No caso da cámara frontal presume dun sensor de 25
MpÃxeles e a posibilidade de aplicar un suave desenfoque de fondo.
O Galaxy A41 está equipado cunha pantalla Full HD+ Super AMOLED Infinity-U de 6,1
polgadas, cunha relación de aspecto 20:9 e altofalante Dolby Atmos, procesador
MediaTek MT6768, 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante
tarxetas de até 512 GB), baterÃa de 3.500 mAh con carga rápida de 15 watts e un
ancho de 70 milÃmetros, que xunto cos bordes redondeados garante un bo agarre.
Pese a que non estamos ante un móbil de gama alta, inclúe certificación IP65
contra po e auga, NFC e lector de impresións dixitais en pantalla. Tamén conta
con conector para auriculares.
- O Galaxy A41 chega en varias cores