Chega a España o Samsung Galaxy M30s, un smartphone de gama media con baterÃa de 6.000 mAh
xoves, 17 de outubro do 2019
A un mes da súa presentación
na India, xa temos
en España o Samsung Galaxy M30s, un smartphone de gama media que conseguir
gañar o favor dun bo número de consumidores por mor da súa xenerosa baterÃa de
6.000 mAh coa que serÃa capaz de reproducir vÃdeo durante 29 horas seguidas ou
falar por teléfono 49 horas cunha única carga. Amais, a baterÃa está apoiada
por carga rápida de 15 watts por USB-C e o seu peso queda nos 188 gramos, o que
semella bastante contido para semellante tamaño de baterÃa.
O Samsung Galaxy M30s ten unha pantalla Super AMOLED de 6,4 polgadas con
resolución Full HD+ e unha pestana superior central con forma de U na que se agocha
unha cámara frontal de 13 MpÃxeles, mentres que na traseira integra unha cámara
tripla (con sensor principal de 48 MpÃxeles, grande angular de 8 MpÃxeles e
cámara de profundidade de 5 MpÃxeles), asà como un lector de pegadas dixitais.
Funciona cun procesador Exynos 9611, 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento
interno ampliable mediante tarxetas microSD de até 512 GB.
Este novo smartphone estréase no mercado español en exclusiva para Pure Players
como Amazon, onde está
dispoñible en cor negra, azul e branca por un prezo de 259 euros.
VÃdeo promocional do Samsung Galaxy M30s