Chega a España o Samsung Galaxy M51
martes, 6 de outubro do 2020
A familia de móbiles Galaxy M de Samsung destacou sempre
polas súas xenerosas baterÃas, que nos últimos tempos chegaron a capacidades de
5.000 e 6.000 mAh, pero que vén de rachar teito con Samsung Galaxy M51, móbil
que vén de chegar a España en
exclusiva a través de Amazon a un prezo de 389 euros e que presume dunha baterÃa
de 7.000 mAh con carga rápida de 25 watts que permite completar unha carga en
menos de 2 horas.
Este smartphone serÃa o primeiro do mercado en contar cunha baterÃa de 7.000
mAh, aÃnda que tampouco descoida outros factores, como un potente procesador
Qualcomm Snapdragon 730G, 6 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas microSD de até 512 GB), pantalla Super AMOLED Plus Infinity-O
Full HD+ de 6,7 polgadas, cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 64
MpÃxeles (capaz de gravar vÃdeo 4K, asà como en cámara rápida, cámara lenta e
modo superestable) e cámara frontal de 32 MpÃxeles (con gravación de vÃdeo en
4K e selfies en cámara lenta), que conforman un dispositivo moi completo
que consegue limitar o seu grosor en 9,5 milÃmetros e o seu peso en 213 gramos,
o que pode sorprender se temos en conta a impresionante capacidade da súa
baterÃa.