Chega a España o Samsung Space Monitor

mércores, 12 de xuño do 2019 Marcus Fernández

En xaneiro Samsung levou ao CES de Las Vegas os seus novos monitores entre os que destacaba o novo Space Monitor, deseñado para aforrar espazo ao máximo grazas ao seu pé abatible con formato de pinza, e agora temos xa dispoñible este atractivo monitor en España en versións de 27 e 32 polgadas a un prezo de 399 e 499 euros respectivamente.
O Samsung Space Monitor ten un panel con tres marcos sen bordes, mentres que a súa peaña ergonómica permite fixar o monitor en calquera mesa, así como agochar os cables de conexión e enerxía, favorecendo a orde no espazo de traballo.
O modelo de 27 polgadas ofrece unha resolución WQHD cunha taxe de refresco de 144 Hz (polo que incluso sería apto para unha boa experiencia con videoxogos) mentres que o modelo de 32 polgadas chega a unha resolución 4K.
Ambos modelos incorporan conexións USB e HDMI para conectar diferentes dispositivos, e tamén contan coa opción de pantalla Easy Setting Box de Samsung coa que facilítase a organización de fiestras ao instante para unha óptima multitarefa.

JPEG - 87.6 KB
A peaña dos novos monitores facilitan a súa colocación á altura dos ollos

Vídeo de presentación do Samsung Space Monitor

PUBLICIDADE