Chega a España o Samsung Watch Active
xoves, 21 de marzo do 2019
Samsung trae por fin ás tendas españolas o seu reloxo
deportivo conectado, o Samsung
Watch Active, un smartwatch fino e lixeiro pensado para axudar a levar unha
vida saudable, para o que acompaña ao usuario como adestrador persoal, contando
tamén con moitas outras funcións para o dÃa a dÃa (como a posibilidade de
realizar pagamentos con Samsung Pay).
O Galaxy Watch Active incorpora melloras en todo o seu sistema de
monitorización, de xeito que non se limita a rexistrar os progresos das rutinas
de adestramento en máis de 39 tipos de actividades diferentes, senón que pode
seguir a presión arterial, realizar un estudio do nivel de estrés e preparar un
plan fÃsico para o seu posterior seguimento.
Cómpre salientar que a principal novidade deste reloxo deportivo resistente á
auga aÃnda non está dispoñible en España (xa que desbloquearase coa instalación
da aplicación My BP Lab) e que permitirá dende o pulso realizar un seguimento
da tensión arterial, o que pode ser unha magnÃfica ferramenta para controlar a
nosa saúde a diario. A función de seguimento da tensión arterial enténdese que
non está dispoñible polo momento xa que precisa da certificación de organismos
sanitarios a nivel europeo (na mesma liña do que acontece coa función de
electrocardiograma do Apple Watch, que tampouco funciona en España).
O Galaxy Watch Active ten unha pantalla circular Super AMOLED de 1,1 polgadas,
conexión Bluetooth, resistencia á auga até 5 atmosferas, GPS, carga sen fÃos e
un grande catálogo de aplicacións, estando xa dispoñible a un prezo recomendado
de 249 euros.
- O Samsung Watch Active conta con numerosas aplicacións, esferas e correas, de xeito que tanto é unha boa ferramenta deportiva como un accesorio que encaixa no dÃa a dÃa do usuario.