Chega a España o Toshiba Journ.E Touch

mércores, 5 de maio do 2010 Marcus Fernández

A cadea de tendas de telefonía móbil The Phone House pon á venda en España o dispositivo Toshiba Journ.E Touch por 239 euros, o que pode parecer un tanto elevado por un MID con pantalla táctil de 7 polgadas que funciona co sistema operativo Windows CE 6.0 Pro, con conectividade Wi-Fi e acceso a distintos servizos en liña coma YouTube, Picasa ou Flickr, así como a lectura de fluxos RSS e o uso do MSN Messenger.
O trebello ten 2 Gb de memoria interna (ampliable mediante tarxetas SD), un procesador ARM11 a 533 MHz, saída de vídeo, navegador web Opera e unha autonomía bastante irregular, que vai dende 2 horas de navegación web ata 7 horas de reprodución de música.

PUBLICIDADE