Chega á India un móbil con pantalla 3D

luns, 25 de outubro do 2010 Marcus Fernández

O uso de lentes para poder percibir as 3D en películas e videoxogos é un dos elementos que teñen un maior rexeitamento por parte dos consumidores, de aí que resultase moi prometedor o concepto da Nintendo 3DS, que conta cunha pantalla autoestereoscópica, ou sexa, que permite percibir a profundidade sen utilizar lentes especiais, o que agora tamén fai o Spice Mobility M-67 3D, un novo móbil que case poderiamos denominar como de baixa gama, pois estamos a falar dun dispositivo con SIM dual, cámara de 2 Mpíxeles, reprodución de MP3, sintonizador de radio FM, Bluetooth estéreo e unha pantalla de 2,36 polgadas cunha resolución de 240 x 360 píxeles e a posibilidade de amosar imaxes en 3D sen o uso de lentes especiais, o que é unha agradable sorpresa que impresiona por vir nun móbil que só custa 4.299 rupias (69,37 euros) na India, país no que resulta bastante sorprendente que cheguen este tipo de innovacións. ¿Normalizarase o uso das 3D nos móbiles?

PUBLICIDADE