Chega a Nova Experiencia Xbox

mércores, 19 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Despois dunha longa espera Microsoft incorpora á Xbox 360 un novo Dashboard que deu en chamar a Nova Experiencia Xbox (NXE) que sería o primeiro caso dunha consola de videoxogos establecida que se renovase dun xeito tan profundo a través dunha actualización do seu software.
Ao longo da xornada de hoxe moitos usuarios ao longo de todo o mundo foron vendo como ao acender a súa Xbox 360 lles aparecía en pantalla unha aviso de que estaba dispoñible unha actualización do sistema, e así se abre a porta a unha nova experiencia de uso que introduce moitas novidades: avatares personalizados, unha interface renovada (que promove o desprazamento lateral en vez de vertical, aproveitando mellor o espazo en pantalla), novos temas personalizados, un Bazar máis doado de explorar e que tamén se complementa cunha tenda de aluguer de vídeos e a opción de instalar xogos no disco duro da consola (para acelerar a súa carga e reducir o ruído durante o xogo).
Podemos ver o vídeo de presentación da renovación da Xbox 360 a continuación:

PUBLICIDADE