Chega a PC Tetris Ultimate
xoves, 10 de decembro do 2015
Tras máis de 30 anos de éxito a creación de Alexey Pajitnov,
Tetris, consegue manter a súa
frescura e diversión, sendo un videoxogos que conseguiu converterse en todo un
xénero, e que durante o seu trinta aniversario anunciouse que Ãa a
revitalizarse cunha conversión para as consolas de nova xeración, Tetris
Ultimate, que saÃu á venda hai cousa dun ano, e que finalmente
podemos gozar dende o noso ordenador, xa que vén de estrear versión para PC
a un prezo de 9,99 euros.
Tetris Ultimate é unha versión do
xogo clásico, que chega enriquecida con numerosos modos de xogo, entre os que
non faltan modos cos que loitar contra amigos ou librar batallas por equipos (con
até 4 xogadores á vez). Temos asà a posibilidade de xogar en Maratón (chegando
até o nivel 15 conseguindo o meirande número de puntos), Infinito (chegando até
o nivel 30 e continuando a eliminar todas as liñas que sexa posible), Ultra
(que persegue superar a nosa marca antes de que pasen 3 minutos), Sprint
(instando a eliminar 40 liñas no menor tempo posible), Batalla (permitindo enfrontamentos
de un contra un), Encantado (completar o modo Maratón mentres os Tetriminos
desaparecen), Derrube (xogando coa complicación de que aparecen minos en pantalla de xeito aleatorio
cada 10 quendas) e rematou o tempo
(comezando con 30 segundos será posible realizar xogadas coas que gañar
segundos nunha desafiante conta atrás).