Chega a Silleda a peza de Galeatro que reflexiona sobre a rapazada e os novos mundos virtuais: Wombo Combo
luns, 10 de marzo do 2025
Este venres, 14 de marzo, Silleda acollerá unha nova actividade enmarcada no circuÃto +Escénicas da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa para levar espectáculos de artes escénicas aos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia. Trátase de Wombo Combo, que chega ao Auditorio Semana Verde ás 12.30 horas do venres.
Trátase dunha función dirixida ao público escolar a partir de 5 anos.
Wombo Combo, de Galeatro, é unha reflexión sobre como os escenarios dixitais van gañando terreo nas nosas vidas en detrimento do presencial. Estamos ante unha peza para público infantil, xuvenil e familiar que nos conta a historia de Sara, unha rapaza que é vÃtima de acoso escolar, e da súa relación coa realidade virtual e das novas tecnoloxÃas. Sara, máis polo miúdo, non ten amigas nin amigos nin é brillante nos estudos. Para evadirse da crúa realidade xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas. Chegado un punto, descobre que pasa máis tempo na vida virtual ca na real.
Paula Carballeira, referente do teatro infantil en galego, é a autora do texto, que foi finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios MarÃa Casares 2023.
