Chega á súa 10ª edición o curso de Vitae sobre Microsoft Power Bi
martes, 24 de xaneiro do 2023
Vivimos
na era dos datos, e arredor deles xira boa parte da nosa vida persoal
e profesional. No caso das empresas, cobran a aínda mis relevancia.
Porén, como tantos outros activos empresariais, os datos non serven
de moito senón están ben xestionados, habilitados, compartidos,
protexidos e empregados. Ferramentas das que podemos botar man para
lograr un tratamento da información empresarial o máis eficaz e
rendíbel posíbel hai moitas e variadas, pero Vitae Consultores
ofrécenos unha reposta segura, cómoda e inmediata: o curso
Microsoft
Power BI: Modelado e Análise de Datos que chega á súa décima
edición este inverno. Será os días 27 e 28 de febreiro e máis os
días 1, 2, 6, 7, 8 e 9 de marzo.
O
curso, de 20 horas lectivas en 8 sesións, ten o obxectivo de
ilustrar aos asistentes sobre un dos recursos máis destacados e
populares dos que podemos botar man para tomar as mellores decisións
nos negocios: Power BI, unha solución formada por un conxunto de
ferramentas que permiten obter datos de moi diversas fontes,
integralos e convertelos logo en información útil e rendíbel que
pode ser compartida en eficaces ferramentas de visualización e
colaboración.
Segundo explica Vitae, esta actividade formativa
ten por obxectivo introducir aos asistentes no manexo da ferramenta
de Business Intelligence Microsoft Power BI. “A partir de
diferentes orixes de datos aprenderemos a crear auténticos cadros de
mando que nos axudarán na toma de decisións”, sinala a
consultora, poñendo o foco nas posibilidades complementarias do
Power BI Dekstop como método de axuda para obter a información,
analizala e representala graficamente. “Arrincaremos cunha
introdución á Intelixencia nos Negocios e coñeceremos todo o
contorno Power BI (dekstop, servizo, aplicacións móbiles) e faremos
as primeiras transformacións sobre un proxecto rematado para
familiarizarnos co programa, e deste xeito, ter un enfoque global que
nos servirá para debuxar o camiño na formación”, sinala Vitae
debullando o que sería a introdución do curso, que abordará de
cheo cuestións como a integración de datos con Power Query; a
creación de gráficas, tarxetas, mapas ou visualizacións, ou as
metodoloxías para compartir os informes creados e crear apps
de visualización.
O curso será impartido por Juan Naya,
enxeñeiro industrial e profesional con máis de 10 anos de
experiencia en postos de responsabilidade dentro das áreas de
produción, planificación e loxística. Trátase dun experto en
materia de datos e xestión. Na actualidade ofrece solucións
profesionais a medida e formacións de alto valor engadido das
principais ferramentas de análise da información de Microsoft, como
Excel e Power BI. Entre as empresas e entidades que asesorou ou
formou atópanse Inditex, o Grupo Profand, a Autoridade Portuaria de
Avilés, o Grupo Pérez Rumbao, Inturasa, Galuresa, EimSkip, Altrans,
Televés, CivisGlobal, Todos Gómez ou Grupo Babé Logística. Está
certificado por Microsoft como Microsoft Excel Expert e Data Analyst
Associate.