Chega ao mercado unha nova luz V16 conectada coa DGT a través de Movistar
martes, 31 de xaneiro do 2023
Hai pouco
demos conta de que Vodafone
Ãa pór á venda a luz V16 conectada coa DGT fabricada pola galega Netun
Solutions, que xa está dispoñible
por 49,92 euros ao contado ou 2,08 euros/mes durante 24 meses, ao que vén
de saÃrlle un competidor menos competitivo, a baliza
V16 FlashLED SOS, que tamén está conectada coa DGT, pero desta volta a través
da infraestrutura de Movistar. Pero o punto negativo deste novo produto é que o
seu prezo é de 59,95 euros.
Esta nova luz V16 asegura que é visible até a un quilómetro de distancia,
integra xeolocalización e soporte magnético, é resistente a po e auga, e chega
cun servizo de datos garantido durante os vindeiros 13 anos. Tamén é posible
ligala a unha aplicación móbil. Un dispositivo co que seguro que nos familiarizaremos
nos vindeiros anos xa que será de uso obrigado a partir de 2026.