Chega ás tendas Dragon Ball Xenoverse
venres, 27 de febreiro do 2015
Os amantes de As Bolas
Máxicas por fin poden gozar das aventuras de Son Goku e os seus amigos en
consolas da actual xeración, pois hoxe chegou ás tendas Dragon Ball Xenoverse,
un xogo de loita desenvolvido por Bandai Namco e Dimps (estudio detrás do Dragon Ball Z: Budokai de PS2) que
podemos mercar por 49,99
euros para PC, por 59,99 euros para
Xbox 360 e PlayStation
3, e por 69,99 euros para
Xbox One e PlayStation
4, estando tamén dispoñibles en cada caso pases de tempada por 24,99 euros
que prolongarán a experiencia mediante contidos descargables.
Este novo xogo parte dunha interesante proposta: os malvados Mira e Towa están
a alterar as liñas temporais da serie para sementar o caos, e para soluciona
esta situación haberá que crear un personaxe (personalizable de xeito que tanto
poderiamos configurar a un superguerreiro como a un namekiano) para viaxar a
través desta historia alterada coa axuda de Toranks intervindo nos elementos
chave da saga.
Nos combates participan ducias dos personaxes que coñecemos da obra de
Toriyama, aos que tamén se incorporan algúns personaxes novos, aÃnda que a
innovación máis interesante deste tÃtulo será a cidade de Tokitoki, unha urbe
futurista ao redor da que xira o desenvolvemento do xogo e onde poderemos
xuntarnos con xogadores de todo o mundo para loitar e afrontar misións.
Un xogo claramente orientado a quen goza habitualmente cos xogos de loita de
Son Goku, que desta volta conta cun sistema de combate máis pulido que nas
últimas entregas da anterior xeración de consolas, considerada por moitos como maldita para os seareiros de As Bolas Máxicas, xa que o último xogo
de consola doméstica considerado como realmente bo serÃa o Dragon Ball Z: Budokai 3 de PlayStation 2 (no caso das consolas
portátiles tamén destacou no seu momento Dragon
Ball: Origins para Nintendo DS).
O lanzamento do xogo vén acompañado por un lote da PlayStation 4 que inclúe este tÃtulo