Chega ás tendas de Vodafone o Samsung Galaxy Note Edge con segunda pantalla lateral

martes, 2 de decembro do 2014 Redacción

Dende este luns 1 de decembro e da man de Vodafone, está dispoñíbel na nosa contorna o Samsung Galaxy Note Edge, novo dispositivo da gama Galaxy Note que presenta, entre outras cousas a ter en conta, unha segunda pantalla curva lateral que fai máis doado o acceso á información e achega “unha exclusiva experiencia de uso orientada á produtividade”, informa a operadora, que fornece aos seus clientes este aparello grazas a un acordo de comercialización “exclusivo” acadado co fabricante.
O aparello pode adquirirse en cor branca con 32 XB de memoria na tenda en liña da operadora e ao longo desta semana nas tendas Vodafone. É compatíbel coa rede 4G e 4G+ da operadora e pode mercarse “a cero euros de custo inicial e 19 de curso mensual” co plan Rede L, aforrándonos 443 euros con respecto aos 899 de orixe (prezo recomendado). Sinalar que o devandito prezo especial é válido para portabilidades de clientes que tivesen contrato con outra operadora e está asociado cunha permanencia de 18 meses no plan elixido.
“Cun orixinal e innovador deseño”, informa a operadora, “a pantalla curva lateral de Note Edge permite un acceso rápido ás aplicacións de uso frecuente, así como alertas e diversas funcións do produto co simple paso do polgar sobre a superficie”. A través dela, poderemos ver mensaxes de texto, ler novas, recibir notificacións ou rexeitar chamadas directamente, “e todo de forma rápida, sinxela e sen alterar o que se amose na pantalla principal (mesmo se se está reproducindo un vídeo)”. Segundo engade Vodafone, a segunda pantalla é configurábel polo usuario permitíndolle amosar mensaxes escritas ou mesmo descargando distintos paneis desde Galaxy Apps.

PUBLICIDADE