Chega ás tendas españolas Dead Space 2

xoves, 27 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

As tendas de videoxogos españolas reciben hoxe o agardado Dead Space 2, secuela dun arriscado título de Visceral Games que foi considerado coma un dos tapados de 2008 e gañou a pulso un espazo de seu no sector contando xa con outra entrega da saga (Dead Space: Extraction, un shooter on rails para Wii e PS3), un cómic animado interactivo para Xbox 360 e PS3 e varios comics e películas de animación, que serven para ilustrar a boa aceptación que está a acadar este survival horror, que encantará aos seareiros das primeiras entregas de Resident Evil.
Dead Space 2 ofrece unha nova aventura continuista, na que volvemos a encarnar a Isaac Clarke, traumatizado polos acontecementos que tiveron lugar no xogo orixinal, e que volve a enfrontarse a unha invasión de necromorfos en novos ambientes, con novas armas e coa posibilidade de ter control sobre a gravidade cero. Tamén incorporará un modo multixogador no que poderase xogar tamén no bando dos necromorfos.
Aparte do xogo que chegará ás tendas, tamén estará dispoñible un contido descargable chamado Severed que engade 2 novos capítulos ao modo campaña do xogo e un xogo para iPhone e iPod Touch, que xa está á venda por 5,49 euros (tamén existe unha versión para iPad) e dende o que tamén poderán adquirirse melloras, o que cada día parece ser unha canle máis potente para acadar ingresos dende os xogos para iOS.

En Dead Space 2 Isaac Clake volverá a enfrontarse a unha invasión de necromorfos

PUBLICIDADE