Chega ás tendas o novo xogo de South Park con voces dobradas en español

martes, 17 de outubro do 2017 Marcus Fernández

Por fin está aquí! Os seareiros das tolas e irreverentes aventuras de South Park poden mercar en versións para PC, Xbox One e PlayStation 4 o xogo South Park: Retaguardia en Peligro, dos propios creadores da serie televisiva de animación, Tray Parker e Matt Stone, que xa trunfaran con South Park: La Vara de la Verdad ao conseguir transformar nun videoxogo a experiencia propia da serie orixinal, sen perder unha pinga de humor no camiño.
En South Park: Retaguardia en Peligro os xogadores poderán introducirse no submundo criminl de South Park como Mapache e Amigos, un grupo de xusticeiros fundado por Eric Cartman (Mapache). No papel do neno novo os xogadores poderán xuntar forzas con Mysterion, Cobertizo e Cometa Humano para combater o mal mentres Mapache buscará que o seu equipo sexa o máis querido da historia.
Esta tola aventura de rol ten un curioso sistema de combate, un novo sistema de saqueo, liberdade para ir pulindo os poderes segundo vai avanzando o xogo e, para que os xogadores consigan vivir a experiencia conforme ao que están afeitos, incluso poderán gozar da súa dobraxe en español cos mesmos actores que a serie de televisión.

Tráiler de South Park: Retaguardia en Peligro no que podemos comprobar como a dobraxe corre a cargo dos mesmos actores que a serie de televisión

PUBLICIDADE