Chega un novo videoxogo dende o IES Muralla Romana de Lugo: TwinHit
luns, 27 de abril do 2026
Dende o IES Muralla Romana de Lugo chéganos esta primavera un novo videoxogo. Chámase TwinHit e trátase dun arcade casual de pixel art para Android publicado baixo o nome de Zaralla Studios.
O xogo xa está dispoñible en Google Play tras superar unha fase de probas pechadas con 12 testers e recibir a aprobación de produción da plataforma.
TwinHit é un arcade para Android no que o xogador manexa dous coches á vez co único obxectivo de arrasar con todo o que atopen ao seu paso, obrigando ao cerebro a traballar de forma dividida mentres a dificultade non para de medrar. É, en esencia, un tributo aos xogos de habilidade pura onde cada partida busca superar o erro anterior.
Detrás do xogo está Adela, estudante do Ciclo de Especialización en Videoxogos no IES Muralla Romana de Lugo.
Malia levar poucos meses programando en Unity para Android, o seu proxecto xa pasou por probas pechadas con 12 testers e recibiu a aprobación de produción de Google Play. É o segundo videoxogo publicado nunha plataforma comercial por un estudante deste ciclo, desta vez no mercado móbil, despois de GPU Inferno, do que falamos en Código Cero.
O xogo non remata aquÃ: xa está prevista unha versión 1.1 con novos obstáculos —como manchas de aceite e bombas— que prometen engadir aÃnda máis caos e diversión á proposta.
TwinHit está dispoñible de forma gratuÃta e sen anuncios en Google Play.
