Chega unha nova edición dos Fiadeiros StartTIC
martes, 21 de outubro do 2025
O vindeiro 27 de outubro, ao 18.00 h, a Zona Franca de Vigo acollerá unha nova edición dos Fiadeiros StartTIC, unha serie de encontros impulsados por Startup Galicia no marco do proxecto StartTIC – Incubadora de Alta TecnoloxÃa de Impulso ao Sector TIC en Vigo, unha iniciativa desenvolvida polo Consorcio Zona Franca de Vigo, a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e VilagarcÃa de Arousa e Gradiant.
Baixo o tÃtulo Produto Deeptech: o match perfecto para o teu negocio, o encontro contará coa participación de Héctor Estévez, director executivo (CEO) de CENTUM Research and Technology, que compartirá a experiencia desta empresa galega no desenvolvemento dun produto hardware desde cero: desde a idea ata o deseño e a produción, pasando pola colaboración con universidades e centros tecnolóxicos, os procesos de certificación e a súa expansión internacional.
Esta charla, concibida como unha sesión off the record, achegará ás persoas asistentes información sobre como os proxectos deeptech poden transformar coñecemento nun produto real que achegue valor ao mercado e reforce a competitividade tecnolóxica de Galicia.
Como dixemos, esta charla enmárcase en StartTIC, unha iniciativa creada co obxectivo de acelerar a innovación, o emprendemento e a transferencia de coñecemento no sector TIC desde Vigo. Estrutúrase en dúas grandes liñas de actuación: infraestrutura e equipamento tecnolóxico, e, por outra banda, programas de asesoramento, mentoring e dinamización do ecosistema. Nesta segunda liña, Gradiant, a Zona Franca de Vigo e a Cámara de Comercio impulsan diversas actividades para fomentar a creación e consolidación de novas firmas innovadoras tecnolóxicas. Gradiant asesora no deseño e selección do equipamento tecnolóxico e desenvolve programas de mentoring especializado, centrados no apoio técnico e na maduración de proxectos deeptech. Pola súa banda, a Cámara de Comercio coordina programas de internacionalización, acceso a financiamento e emprendemento, ademais de promover o networking e a colaboración entre empresas.
StartTIC é un espazo de innovación aberta onde emprendedores, startups e empresas poderán desenvolver as súas ideas nunha contorna colaborativa, co apoio de expertos e o acceso a infraestruturas de alta tecnoloxÃa.
StartTIC, cun orzamento de 3.526.746,50 euros, é unha iniciativa impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e VilagarcÃa de Arousa e a Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicación de Galicia (Gradiant), co-financiada ao 60% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España 2021-2027, mediante unha axuda concedida pola Fundación INCYDE da Rede de Incubadoras de Alta TecnoloxÃa para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxÃa ás micropemes.
