Chegan a España o Honor 400 e o Honor 400 Pro
mércores, 28 de maio do 2025
Honor está a traer ao mercado español os seus novos móbiles da serie 400 que destacan polas súas cámaras principais de 200 MpÃxeles con estabilización óptica.
O smartphone de referencia serÃa o Honor 400 Pro, cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3, pantalla de 6,7 polgadas cunha resolución de 2.800 x 1.280 pÃxeels e un brillo de ata 5.000 nits, cámara traseira tripla (cun sensor principal de 200 MpÃxeles, un teleboxectivo de 50 MpÃxeles e un ultra grande angular de 12 MpÃxeles), resistenacia IP69 e baterÃa de 5.300 mAh con carga rápida de 100 watts por cable e 50 watts sen fÃos. Chega ao mercado con 12 GB de RAM e 512 GB de almacenamento a un prezo promocional de 649 euros (e cuns auriculares sen fÃos e un cargador de 100 watts de agasallo).
O Honor 400 é un móbil máis modesto, equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 7 Gen 3 , pantalla de 6,55 polgadas (de xeito que só pesa 184 gramos, en contraste cos 205 gramos do modelo Pro), resistencia IP65 e baterÃa de 5.300 mAh con carga rápida de 66 watts. Chega ao mercado a un prezo promocional de 499 euros para o seu modelo con 8 GB de RAM e 512 GB de almacenamento (que é o prezo do modelo con 256 GB de capacidade), e tamén inclúe de agasallo auriculares sen fÃos e cargador. O modelo con 256 GB pode adquirirse por 449 euros.
Estamos ante uns smartphones moi atractivos, que veñen con Android 15 coa capa de personalización MagicOS 9.0 e inclúen 6 anos de actualizacións do sistema operativo Android e de seguridade.
