Chegan a España os Realme Buds Air
mércores, 5 de febreiro do 2020
En decembro Realme anunciou
os seus auriculares sen fÃos con estoxo de carga, os Buds Air, que presentan
un deseño moi semellante ao dos AirPods de Apple, tirando proveito da
tecnoloxÃa Google Fast Pair para que con só abrir o estoxo os auriculares
poidan sincronizarse co noso smartphone, para comodidade do usuario. Amais, o
propio estoxo de carga tamén inclúe carga sen fÃos, de xeito que estariamos
ante uns competidores dos AirPods 2 de 229 euros, pero cun prezo moito máis
competitivo, xa que chegarán o 21 de febreiro ás tendas españolas por 69,90
euros.
Estes auriculares venderanse en cor amarela, branca ou negra, presumen dunha
latencia moi reducida a través de Bluetooth 5.0 (buscando que poidan empregarse
en xogos) e poden controlarse mediante toques.
A súa autonomÃa é de 3 horas,
que poden alongarse até as 17 horas de uso en total grazas ao estoxo de carga.