Chegan a España os novos equipos da familia Surface
xoves, 7 de febreiro do 2019
Na tenda en liña de Microsoft para España por
fin poden adquirirse 3 novos produtos de xeito que xa podemos consideralos oficialmente
dispoñibles no noso territorio. Trátase concretamente das novas xeracións
dos equipos Surface
Laptop 2 e Surface Pro
6 e a chegada do Surface
Studio 2, ordenador todo-en-un para o escritorio, orientado á creatividade,
e que na súa primeira xeración non chegou a comercializarse en España.
Estes novos equipos anunciáranse
hai 4 meses, destacando o Surface Pro 6 e o Surface Laptop 2 basicamente
pola integración de procesadores Intel de 8ª xeración, o que supón melloras de
velocidade, mentres que o Surface Studio 2 mellora o rendemento un 50%, o
brillo da súa pantalla un 38% e o seu contraste un 22%, de xeito que temos un
equipo máis sólido para os creativos que opten por este tipo de ordenador que
permite abater a súa pantalla para convertese nunha mesa de debuxo, polo que
serÃa unha sorte de convertible que, en vez de ter formato portátil,
temos no noso escritorio (contando asà cun lenzo de traballo de grande tamaño
(28 polgadas).
No que aos prezos destes novos equipos se refire, o Surface Laptop 2 chega a un
prezo que parte dos 1.149 euros para o seu modelo cun procesador Intel Core i5,
8 GB de RAM e 128 GB de SSD, podendo chegar até os 2.849 euros se o equipamos
cun procesador Intel Core i7, 16 GB de RAM e 1 TB de SSD; o Surface Pro 6 parte
dun prezo de 1.049 euros; e, pola súa banda, o Surface Studio 2 chegará en 3
configuracións, todas cun procesador Intel Core i7: o modelo básico, con 16 GB
de RAM e 1 TB de SSD custa 4.149 euros; o modelo intermedio, con 32 GB de RAM
chega aos 4.999 euros; e, finalmente, o modelo con 32 GB de RAM e 2 TB de SSD
custa 5.499 euros. Deixan asà claro que estamos ante equipos orientados a un
público profesional, que en moitas ocasións realizan este investimento como
alternativa á compra dun ordenador de escritorio e unha tableta gráfica
adicional, que nalgúns casos poderÃa ter prezos superiores.
O Surface Studio 2 supón a estrea oficial deste tipo de equipos no territorio español