Chegan a España os smartphones máis económicos da serie Galaxy A
xoves, 27 de xuño do 2019
A nova
familia de teléfonos Galaxy A de Samsung conta con terminais móbiles en
todos os rangos de prezos, e os modelos máis básicos tiñan pendente a súa
chegada a España, até agora, cando saen á venda o Galaxy A10 e A20e a prezos recomendados
de 169 e 199 euros respectivamente.
O modelo máis básico, o Galaxy
A10, chega con pantalla HD+ de 6,2 polgadas, 2 GB de RAM, 32 GB de almacenamento
interno, cámara traseira de 13 MpÃxeles (con apertura f/1.9), cámara frontal de
5 MpÃxeles (agochada en pantalla nunha reducida pestana superior con forma de V),
Wi-Fi N, Bluetooth 5.0 e unha baterÃa de 3.400 mAh, de xeito que gozará dunha
grande autonomÃa. Unha caracterÃstica que si sorprende é que veñan con NFC, ou
sexa, que estamos ante un smartphone que, pese ao seu prezo axustado, é
compatible con Samsung Pay.
- Os Samsung Galaxy A20e chegan en 3 cores distintas
Na mesma liña temos o Galaxy
S20e, que pese a ser máis caro opta por unha pantalla máis cativa (5,8
polgadas) e, en consecuencia, unha baterÃa menor (3.000 mAh), pero incorpora un
procesador máis potente, 3 GB de RAM, cámaras máis competas (a cámara frontal
é de 8 MpÃxeles e a cámara traseira é dobre de 13 + 5 MpÃxeles) e un lector de pegadas dixitais na súa parte traseira.
En definitiva, que temos xa no mercado español un par de smartphones que, sen
resultar rechamantes en especificacións, de seguro que van ter unha boa acollida
comercial, especialmente na súa venda a través de operadores de telefonÃa,
entre os que os dispositivos de Samsung teñen moi boa aceptación.