Chegan á rúa os novos iPhone, e sométense ás primeiras probas
venres, 19 de setembro do 2014

- Como é habitual nos lanzamentos de novos teléfonos, formáronse colas nas principais tendas de Apple de varios paÃses
Hoxe é o agardado dÃa de lanzamento do iPhone 6 e o iPhone 6
Plus en EE.UU., Australia, Canadá, Francia, Alemaña, Hong Kong, Xapón, Puerto
Rico, Singapur e Reino Unido, o que supón a posta dos terminais na rúa, e o
comezo de probas no mundo real dos novos smartphones, asà como o debullado das
súas caracterÃsticas técnicas, indo máis aló dos detalles publicados por Apple,
o que axudará á hora de decidir a súa compra cando cheguen a España dentro
dunha semana (aÃnda que non faltaron españois, por exemplo, na App Store de
Burdeos, para facerse cun dos novos teléfonos en primicia).
Unha das análises máis interesantes é a de iFixit, páxina web na que desmontaron un
iPhone 6 e un iPhone 6
Plus, o que permÃtenos coñecer detalles como que os novos smartphones teñen
só 1 Gb de memoria RAM (mentres que os seus competidores máis directos chegan a
ter 2 ou 3 Gb), que a baterÃa do iPhone 6 limÃtase a unha capacidade de só
1.810 mAh (moi superada pola meirande parte dos smartphones Android de gama
media) mentres que o iPhone 6 Plus chega aos 2.915 mAh (case dobrando os 1.560
mAh do iPhone 5S e superando lixeiramente os 2.800 mAh do Samsung GALAXY S5,
aÃnda que sen chegar aos 3.200 mAh do GALAXY Note 3). Temos asà a impresión de
que o iPhone 6 poderÃa seguir a ter unha autonomÃa na liña do iPhone 5S
(considerada deficiente por moitos usuarios) mentres que o iPhone 6 Plus
achegarÃase moito máis ás demandas do público pese ao seu grande tamaño.
Análise dos novos iPhone por parte de iFixit
Outro dos detalles a ter en conta á hora de adquirir un dos novos teléfonos é a
necesidade de complementalos cunha funda, e polo que se ve nas primeiras probas
de caÃda, protexer o dispositivo parece imprescindible, xa que a
pantalla é bastante vulnerable aos golpes.
Os novos iPhone sometidos a probas de caÃda
Un dos primeiros compradores causou sensación ao caerlle o seu novo iPhone 6 ao chan á hora de amosalo a unha cámara de televisión
