Chegan ás tendas os xogos estrela de Nintendo para o vindeiro Nadal

venres, 3 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Os posuidores dunha Wii estarán contentos de saber que hoxe chegan oficialmente ás tendas de videoxogos 2 dos grandes títulos de Nintendo para este Nadal coma son o Donkey Kong Country Returns e o Super Mario Bros All Stars Edición 25 aniversario, xogos moi esperados e que especialmente agradecerán os máis fieis ás sagas máis clásicas desta compañía nipona.
Donkey Kong Country Returns é un xogo de plataformas que recuperar unha saga de éxito para a Super Nintendo, e que agradecerán os amantes de títulos de grande dificultade e mecánica 2D clásica, no que poderemos meternos na pel de Donkey Kong e Diddy Kong (incluso nun modo cooperativo) para recuperar uns plátanos roubados a través de múltiples niveis nos que superar distintos desafíos. O seu prezo de venda recomendado é de 49,95 euros.
Pola súa banda, o Super Mario All-Star Edición 25 aniversario trátase dunha simple recompilación, de xeito que nun único disco para Wii podemos atopar os xogos clásicos Super Mario Bros, Super Mario Bros 2, Super Mario Bros 3 e Super Mario Bros: The Lost Levels, como xa acontecera en 1993 para Super Nintendo, incluíndo desta volta moito material adicional para celebrar o 25 aniversario de Super Mario Bros, coma un CD coa música dos xogos de Mario dende os primeiros títulos ata o Super Mario Galaxy. O prezo de venda recomendado do xogo é de só 29,95 euros, atendendo a que non estamos realmente ante unha novidade, o que non freará a moitos seareiros de Mario a pasar por caixa para rememorar as súas aventuras máis memorables.

PUBLICIDADE