Chegan oficialmente a España os televisores de Xiaomi
mércores, 6 de novembro do 2019
Tras
moitos rumores, por fin chegan os televisores de Xiaomi a España, sendo o buque
insignia o Mi TV 4S, un televisor con deseño metálico que presume dun panel 4K
con HDR de 55 polgadas, procesador MediaTek 6886 de 4 núcleos e 64 bits, 2 GB
de RAM, 8 GB de almacenamento interno, mando a distancia Bluetooth con control
de voz, sistema operativo baseado en Android 9.0 con función de Chromecast
incorporada, 3 portos HDMI, 3 portos USB, Wi-Fi, Ethernet, Dolby Audio e DTS-HD.
De lanzamento o televisor incluirá aplicacións como Movistar+, Rakuten TV, Atresplayer,
RTVE, Filmin, Netflix, Prime Video e YouTube (Xiaomi non cita HBO, pero a súa aplicación sería compatible co televisor), e venderase a partires do 2 de decembro
a un prezo de 449 euros (o que está na liña de fabricantes xa establecidos como
LG ou Samsung, o que porá difícil que callen no mercado), aínda que haberá unha
promoción de lanzamento que permitirá reservar o televisor a partires do 25 de
novembro a un prezo de 399 euros.
Para chegar a un maior público Xiaomi tamén venderá en España o Mi TV 4S de 43
polgadas (coas mesmas prestacións que o seu irmán maior) a un prezo de 349
euros, así como o máis modesto Mi TV 4A de 32 polgadas a un prezo de 179 euros.
Este último televisor nin sequera é Full HD, polo que sería un produto cunhas
pretensións moi diferentes.
- Xiaomi trae oficialmente a España tres dos seus televisores a prezos moi semellantes aos dos seus competidores máis directos