Cheo total na Aula CeMIT de Quiroga para asistir ao obradoiro de capacitación dixital do CPEIG e AMTEGA

venres, 8 de setembro do 2023 S. P.

O obradoiro creativo sobre o equipamento para a inclusión e a capacitación dixital da cidadanía que se impartiu na a Aula Cemit da Casa da Cultura de Quiroga cubriu finalmente todas as prazas ofertadas. Celebrouse este xoves 8 de setembro e nel impartíronse nocións sobre o uso de drons, impresión 3d, robótica e gafas de Realidade Virtual.
O obxectivo do obradoiro era quitar ferro ao uso das novas tecnoloxías e poñer o foco nas vantaxes, posibilidades e puntos fortes dun uso racional das mesmas, por iso no só estaba dirixido os máis novos se non que estaba tamén enfocado á xente maior. Os formadores ocupáronse de cada participante de xeito personalizado, para que se entendese todo o que se explicaba.
A actividade estaba organizada polo Colexio Profesional de Enxeñería en Información de Galicia, no marco do convenio de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
O Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, achegouse ata a Aula CeMIT para saudar ás técnicas encargadas de impartir o obradoiro e aos participantes.

PUBLICIDADE