China limita a exportación de drons para impedir o seu uso militar

martes, 1 de agosto do 2023 Marcus Fernández

O Goberno chinés iniciou esta semana restricións á exportación de drons de uso civil que poidan operarse a longo alcance, para evitar que poidan converterse en drons de uso militar como está a pasar no conflito entre Rusia e Ucraína.
Xi Jinping asegura que que o seu país, pese a ser amigo de Moscova, mantense neutral no conflito armado, e son conscientes de que ambos bandos están a empregar drons de fabricación chinesa para labores de recoñecemento e posibles ataques, e queren evitar o uso da súa tecnoloxía para usos non pacíficos.
Lembremos que DJI xa deixou de vender os seus drons en Ucraína e Rusia o ano pasado para evitar o seu uso en combate, pero estas limitacións non foron dabondo, de aí que o Goberno tivese que aplicar restricións máis rigorosas á exportación de drons.

PUBLICIDADE