Chrome estrea reprodución de vídeo Picture-in-Picture

venres, 19 de outubro do 2018 Marcus Fernández

O navegador web de Google, Chrome, chegou á versión 70 en Windows, macOS e Linux, e con esta actualización chega unha funcionalidade que goza de moita aceptación en Android, e que agora temos no escritorio: a posibilidade de reproducir vídeos en modo Picture-in-Picture (PiP), ou sexa, que cando no navegador vemos un vídeo que queremos seguir reproducindo mentres continuamos a facer outras cousas no noso equipo, poderemos premer sobre o mesmo e selección a opción de imaxe en imaxe para que o vídeo se independice da páxina web na que estaba incrustado, para ter unha fiestra de seu que podemos colocar onde queiramos en pantalla, e da que tamén podemos modificar o seu tamaño.
Esta funcionalidade pode empregarse para a meirande parte dos vídeo que atopamos na web, e en Github tamén demos un vídeo de demostración que pode despegarse da súa fiestra con premer o botón que ten na súa parte inferior, ou sexa, que aparte de poder empregar o botón dereito do rato para seleccionar a reprodución PiP os reprodutores de vídeo na web poderían incorporar un botón no futuro para facilitar o acceso a esta funcionalidade que sen dúbida vai ter moitos partidarios.

PUBLICIDADE