Chrome non recibirá actualizacións en macOS 11
xoves, 17 de xullo do 2025
A versión 138 do navegador web Google Chrome será a derradeira compatible con macOS 11, versión do sistema operativo dos ordenadores de Apple que deixará de recibir soporte a partir de Chrome 139, o que supón que o popular navegador continuará a funcionar con normalidade, pero sen recibir actualizacións, o que supón unha importante ameaza para a seguridade do sistema.
AÃnda que este tipo de medidas normalmente corrixirÃanse actualizando o sistema operativo, cómpre lembrar que Apple non dá soporte ilimitado aos seus equipos, polo que teñen un número de actualizacións de sistema operativo limitado e, por exemplo, os portátiles MacBook Air anteriores a 2015 non son compatibles con macOS 12, polo que deberÃan de deixar de empregar Google Chrome como navegador web.
Cando non sexa posible contar cunha versión moderna do sistema operativo a única alternativa non é renovar o equipo informático, senón que, polo momento, outros navegadores web como Firefox, Microsoft Edge e Opera seguen a recibir actualizacións, polo que un cambio de navegador poderÃa ser unha opción para poder manter en uso o Mac dun xeito seguro. En calquera caso, a obsolescencia é inevitable: Chrome porá o corte en macOS 12, pero Opera poderÃa seguir os seus pasos en breve (actualmente require macOS 11), mentres que Firefox e Microsoft Edge poderÃan tardar máis en dar tal paso (xa que actualmente requiren macOS 10.15).
