Chrome quere facer máis fiable a compra en liña
luns, 28 de xullo do 2025
Non sempre resulta doado saber en que tendas en liña podemos confiar, e para facer máis doada tal tarefa dende Google anuncian que o seu navegador Chrome nos EE.UU. vai amosar opinións dos clientes das tendas que esteamos a visitar se prememos nunha nova icona que aparecerá á esquerda da barra de enderezos do navegador.
Ao premer na nova icona o sistema despregará unhas fiestra flotante que presentará un resumo xerado por IA das crÃticas dos usuarios, detallando temas como a atención ao cliente, a calidade dos produtos, os envÃos, os prezos e as devolucións, para poder facernos unha idea rápida de como será a experiencia de compra.
Entendemos que esta funcionalidade chega inicialmente aos EE.UU. para a súa avaliación por parte de usuarios reais, para espallar tal prestación ao resto do mundo dentro duns meses.
