Chuck Norris estrea xogo para móbiles
venres, 29 de agosto do 2008
A figura de Chuck Norris
transcende dende hai tempo a súa importancia coma deportista marcial e coma
actor, de xeito que é toda unha icona cultural especialmente relevante dende a
existencia de certos chistes nos que aseguran que o protagonista de Walker, Texas Ranger é capaz de facer
calquera cousa a base de patadas
xiratorias. Aproveitando a sona do personaxe, a xente de Gameloft veñen de estrear
un xogo para móbil coñecido coma Chuck
Norris: Bring on the pain que nos sitúa no pelexo de Norris
repartindo golpes a todo inimigo que lle aparece por diante parodiando a
carreira cinematográfica e televisiva do actor e incluso enfrontándose a
grandes inimigos finais coma Fidel Castro ou Kim Jong-il.
- Norris empregando a súa famosa patada xiratoria para desfacerse dos seus inimigos
Este orixinal xogo é
compatible coa meirande parte dos móbiles no mercado, véndese
por 4 dólares nos EE.UU. (poderÃa custar 3 euros cando chegue a España) e para
decidir se paga a pena a súa adquisición dende
a web de Gameloft é posible probar unha versión de demostración feita en Java
ou conformarse co seguinte vÃdeo de Chuck en acción: