Cibervoluntarios e o Concello de Tui comezan 2020 con formación TIC de balde para pemes e autónomos

mércores, 13 de xaneiro do 2021 S. P.

O Concello de Tui e a Fundación Cibervoluntarios comezaron o ano poñendo o foco na importancia da formación tecnolóxica para dúas ou tres cuestións fundamentais: aumentar a competividade e a fortaleza das pemes e das autónomos e emprendedoras, achegarlles recursos para superar os embates da crise sanitaria e económica e expandir os seus mercados e a súa marxe de actuación. Estamos a falar do programa de formación dixital IniciaTIC, que se achega de balde e que tamén vai destinado a axentes promotores de economía social.
O prazo de inscrición nos cursos estará aberto até o 25 de xaneiro. Está impulsado pola Fundación Cibervoluntarios e conta neste caso co apoio do Concello de Tui.
IniciaTIC ofrece formación específica e gratuíta en transformación dixital e emprendemento. O obxectivo é paliar a brecha tecnolóxica, e facilitar a adaptación da actividade económica de persoas autónomas, emprendedoras e PEMES a través de procesos de dixitalización básica a escenarios cambiantes provocados pola COVID-19.
Levarase a cabo ciberformacións en liña gratuítas para grupos reducidos en mercadotecnia dixital, ciberseguridade, Administración Electrónica, comercio electrónico, comunicación e xestión de datos a gran escala (Big Data).
As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente na páxina web de IniciaTIC.

PUBLICIDADE