Cinfo, adxudicataria do sistema de gravación e retransmisión de eventos deportivos en Ribeira
martes, 10 de maio do 2022
O
Concello de Ribeira adxudicou a contratación do subministro,
instalación e posta en marcha dun sistema de gravación e
retransmisión de eventos que permita unha realización manual ou
automática (naqueles acontecementos nos que sexa posÃbel) cun
sistema de cámaras e elementos de son fixos instalados no Pavillón
Municipal da Fieiteira e no Campo de Fútbol anexo da Fieiteira.
A
actuación enmárcase na estratexia de desenvolvemento urbano Máis
Ribeira Atlántica, co-financiada nun 80% polo Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo
Plurirregional de España (POPE) 2014-2020. Entronca dentro da
Estratexia Dixital 2021-2023, dirixida á transformación dixital do
Concello de Ribeira.
A
empresa adxudicataria resultou Cinfo, Contenidos Informáticos
Personalizados, S.L., conforme a un importe de 17.414,39 euros.
De
acordo co prego de prescricións técnicas, os servizos abranguen:
•
Subministro, instalación e posta en marcha dun sistema de gravación,
•
Realización e emisión de eventos baseado en hardware de vÃdeo e
audio.
•
Emisión e gravación dos eventos que se celebren no recinto
(principalmente deportivos).
•
Realización e emisión de eventos de forma automática ou con
realización manual por parte do licitador ou dun terceiro.
•
Sistema de control, xestión e axendado de eventos.
•
Formación asociada ao sistema.