Cisco presenta novos routers Smart Wi-Fi

luns, 16 de abril do 2012 Marcus Fernández

Unha nova gama de produtos de Cisco estrea o concepto de Smart Wi-Fi, pois a nova serie de routers Linksys EA achega capacidades avanzadas brazas ao uso de aplicacións que ofrecerán funcionalidades adicionais para a rede doméstica, semellantes ás que incorporan os servizos de almacenamento en rede avanzados (pensando en futuras aplicacións domóticas e outras funcionalidades que irán xurdindo en colaboración con outros fabricantes).
Os novos routers Linksys EA4500, EA3500 e EA2700, que xa están á venda nos EE.UU. por prezos que van dos 99 aos 199 dólares e ofrecen conectividade sen fíos de calidade, acceso a Cisco Connect Cloud (para administrar múltiples redes domésticas dun xeito cómodo e sinxelo, permitindo dar acceso á Internet a convidados, axustar controis de seguridade infantil ou engaidr dispositivos á rede Wi-Fi dende calquera lugar).
O Linksys EA4500 é o buque insignia desta nova serie de routers, permitindo operar en Wi-Fi N de dobre banda (2,4 e 5 GHz) ata 900 Mbps, conta con 4 portos Gigabit Ethernet, un porto USB para conectar un almacenamento externo ou unha impresora para a súa xestión en rede, un servidor multimedia DLNA, controis parentais e soporte de IPv6; mentres que o Linksys EA3500 reduce a súa velocidade máxima a 750 Mbps. O router máis cativo desta familia sería o Linksys EA2700, que achegaría unha velocidade máxima de 600 Mbps e prescindiría de porto USB, polo que estaría orientado para quen simplemente quixese un router robusto (sen quere gozar de servizos de arquivos avanzados ou dun xestor de impresión en rede).

A nova familia de routers está composta por 3 dispositivos de prezos entre 99 e 199 dólares

PUBLICIDADE