Clan TVE estrea tablet para cativos

venres, 2 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Pensando nun público infantil, RTVE estrea no mercado a súa Tableta Clan, un tablet con Android 4.0 e pantalla de 7 polgadas que vén configurado para un uso seguro por parte dos cativos e cun acceso doado aos contidos infantís de Televisión Español, que está á venda por 179,44 euros, o que está lonxe de ser a mellor oferta do mercado, pois tecnicamente é claramente inferior a outros trebellos como o Kindle Fire (que ten un prezo de 159 euros).
O tablet de Clan funciona con Android 4.0A Tableta Clan incorpora software de control parental, de xeito que os pais poden controlar as aplicacións ás que teñen accesos os seus cativos, definindo ata 8 perfís de uso, e incluíndo as aplicacións de Clan TVE preinstaladas, que permiten dende xogar a colorear ata acceder a episodios das series de animación da canle pública infantil.
O tablet ten unha pantalla táctil de 7 polgadas cunha resolución de só 800 x 480 píxeles, procesador a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb), Wi-Fi N, cámaras frontal e traseira, saída mini HDMI e unha funda protectora de silicona.

O tablet facilita o acceso aos contidos á carta de Clan TVE

PUBLICIDADE