Clausurado no Son un curso de competencias TIC que apoderou dixitalmente unha vintena de veciños
venres, 20 de xuño do 2025
O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, acompañado polo orientador laboral municipal, José Manuel Pazó, estiveron presentes esta semana no acto de clausura do Curso de Competencias Dixitais, formación gratuÃta destinada a fortalecer o apoderamento, a autonomÃa e a empregabilidade da veciñanza.
O curso, no que colaborou o Concello, foi dirixido á cidadanÃa inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego. Entregouse un tÃtulo oficial acreditativo a todas as persoas que remataron este curso (20 persoas), que contou con 200 horas de formación. As sesións desenvolvéronse na Biblioteca Municipal en horario de mañá. Todas as persoas participantes recibiron o tÃtulo oficial acreditativo e un ordenador portátil de agasallo. Os contidos foron impartidos polos profesionais de Ara Formación e Beproject Consultores, a través do programa DixigalÃzate (iniciativa de adestramento tecnolóxico para as provincias da Coruña e Lugo, impulsado pola Xunta, a UE e o Goberno central).
