Clicks prepara un smartphone con teclado fÃsico
venres, 2 de xaneiro do 2026

- O Clicks Communicator ten vocación de teléfono secundario
Tras presentar un teclado para smartphones con carga magnética, a compañÃa Clicks Technology anunciou que estaba a preparar o Clicks Communicator, un novo smartphone concibido para complementar os actuais dispositivos de gama alta e centrarse no que, segundo a empresa, estes foron deixando en segundo plano: a comunicación clara, a capacidade de resposta e a concentración nun ecosistema dixital cada vez máis saturado.
Clicks defende que medra o número de usuarios que optan por levar dous móbiles, xa sexa por razóns profesionais, de privacidade ou para establecer lÃmites máis saudables no uso da tecnoloxÃa. Clicks Communicator nace precisamente para ese estilo de uso, priorizando a acción fronte á distracción e a comunicación fronte ao consumo pasivo.
O Communicator está pensado para destacar en tarefas como a mensaxerÃa, a xestión de avisos e a resposta rápida, deixando a creación de contido e o entretemento para o dispositivo principal. O terminal chegará en tres acabados (Smoke, Clover e Onyx) e contará con carcasas traseiras intercambiables para facilitar a personalización. AÃnda que a data de lanzamento do produto aÃnda non está definida, a compañÃa fixou o seu prezo final en 499 dólares, e permite a súa reserva pagando un prezo completo de 399 dólares ou un depósito de 199 dólares.
Segundo explicou Jeff Gadway, director de márketing de Clicks, «Communicator é a un smartphone o que un Kindle é a un iPad: un produto complementario, optimizado para unha función concreta. Neste caso, comunicarse con confianza nun mundo ruidoso».
Un dos elementos centrais do Communicator é a chamada Signal light, un sistema luminoso configurable que permite identificar mensaxes relevantes sen necesidade de consultar continuamente a pantalla. O usuario pode asignar cores e patróns de luz a contactos, grupos ou aplicacións concretas, separando asà o sinal do ruÃdo informativo. Este indicador intégrase na tecla lateral Prompt Key e permanece visible tanto co móbil boca arriba como boca abaixo.
No apartado de software, Clicks colaborou con Niagara Launcher para desenvolver unha experiencia simplificada centrada na triaxe e na acción inmediata. Mensaxes procedentes de servizos como Gmail, Telegram, WhatsApp ou Slack preséntanse directamente na pantalla principal, evitando ter que navegar entre múltiples aplicacións.
A entrada de texto é outro dos piares do dispositivo. O Communicator incorpora un teclado fÃsico inspirado na funda Clicks Keyboard, con teclas máis grandes e contorneadas para unha escritura rápida e precisa. Ademais, o teclado é sensible ao tacto, o que permite desprazarse por listas, mensaxes ou páxinas web sen recorrer á pantalla. Para a comunicación por voz, a Prompt Key activa a ditado cunha pulsación prolongada e tamén serve para iniciar gravacións de audio cando non se está a escribir. Esta tecla está pensada como unha plataforma aberta a futuras integracións con aplicacións baseadas en intelixencia artificial, como tomadores de notas ou axentes intelixentes.
O Clicks Communicator mide 131,5 milÃmetros de alto e pesa 170 gramos, cun formato orientado a caber comodamente no peto. Fronte á tendencia cara a teléfonos cada vez máis minimalistas, Clicks aposta por recuperar opcións de control fÃsico. O dispositivo inclúe conector de auriculares de 3,5 milÃmetros, un interruptor fÃsico configurable para funcións como o modo avión ou o comportamento da Signal light, compatibilidade con tarxetas microSD ata 2 TB, bandexa para SIM fÃsica e soporte para eSIM.
A pesar do seu enfoque especÃfico, o Communicator ofrece especificacións propias dun móbil actual: Android 16 con cinco anos de actualizacións de seguridade, conectividade global 5G, 4G LTE e redes máis antigas, baterÃa de 4.000 mAh con tecnoloxÃa de silicio-carbono, 256 GB de almacenamento interno ampliable, cámara principal de 50 MpÃxeles con estabilización óptica, cámara frontal de 24 MpÃxeles, NFC con Google Pay, Bluetooth 5.4, Wi-Fi 6, porto USB-C e carga sen fÃos.
