Cliffhorse, o novo produto do creador de Minecraft

luns, 9 de xuño do 2014 Marcus Fernández

O creador do popular xogo Minecraft, Markus Notch Persson, anunciou hoxe o seu segundo xogo comercial, Cliffhorse, e que é toda unha curiosidade, xa que consiste en mover a un cabalo por un amplo contorno, e que foi desenvolvido nun par de horas en Unity tomando unha serie de elementos de balde, o que permite que poidamos descargalo de balde, á vez que demostra o doado que é que un xogo chegue á ver a luz, lembrando bastante ao lanzamento do divertido e absurdo Goat Simulator.
Estamos ante un produto que dificilmente podemos considerar un xogo, e moito menos un produto rematado, senón que parece unha inmensa broma de Notch, que posiblemente sorprenderá polos millóns de descargas que acumulará nas vindeiras horas polo mero feito de ser unha obra do creador de Minecraft.

PUBLICIDADE