Cloudflare solicita xudicialmente a nulidade das medidas antipiraterÃa de LaLiga
mércores, 19 de febreiro do 2025
A polémica polos bloqueos de centos de páxinas web e servizos durante as retransmisións deportivas provocados por supostos abusos por parte de LaLiga de resolucións xudiciais que aprobaron medidas contra a piraterÃa audiovisual está lonxe de rematar, e despois de que LaLiga acusase ao provedor de servizos de seguridade en liña Cloudflare de «protexer organizacións criminais de forma consciente e co fin de lucrarse» (estendendo a acusación tamén a Google, os provedores de VPN e outras empresas) temos finalmente a resposta de Cloudflare, compañÃa que vén de solicitar a nulidade da sentenza que está a empregar LaLiga para os bloqueos, argumentando que «LaLiga obtivo esa sentenza sen dirixirse aos provedores de servizos cloud, ocultando ao xulgado o previsible prexuÃzo a terceiros e ao interese público» insistindo en que «as accións de LaLiga supoñen unha clara ameaza para a Internet aberta».
Dende Cloudflare lembran que colaboran habitualmente cos titulares de dereitos para axudar a resolver problemas como o das retransmisións ilegais, pero LaLiga, en vez de contactar coa compañÃa, optou directamente por solicitar aos provedores de servizos de acceso á Rede de enderezos IP de Cloudflare, provocando o bloqueo de numerosos servizos en liña e afectando tanto a particulares como a empresas.
Cloudflare confÃa en que esta acción xudicial axude a previr medidas de bloqueo indiscriminado e deixe claro que os titulares de dereitos non poden antepor os seus intereses comercial sobre o dereito fundamental de millóns de consumidores a acceder a unha Internet aberta.
Sorprende que LaLiga sosteña publicamente que os seus bloqueos non son indiscriminados, cando durante as retransmisións dos encontros deportivos son moi numerosos os incidentes denunciados por usuarios, que van dende páxinas web inaccesibles até fallos en sistemas de mensaxerÃa instantánea, deixando claro que as medidas impostas por LaLiga son claramente desproporcionais.