CoD: Black Ops</Em> para PC poderá xogarse en servidores dedicados de pagamento
martes, 14 de setembro do 2010
Que o xogo Call of Duty: Modern Warfare 2 impedise
a posibilidade de xogar en liña con servidores dedicados molestou a moitos
usuarios de PC, pero con Call of Duty:
Black Ops queren evitar volver caer en tal erro aÃnda que a solución que
atoparon dende Treyarch poderÃa non satisfacer a todos, pois consiste na contratación de servidores por
11,95 euros/mes para albergar partidas con rangos de ata 18 xogadores, ou 0,79
euros/mes por usuario para servidores sen rango (cun máximo de 24 por partida).
Entre as vantaxes da contratación de servidores dedicados para as partidas
están os tÃpicos servizos de administración que permiten
botar fóra a xogadores molestos ou expulsalos definitivamente, xunto con
outras funcionalidades de configuración das partidas.
Dende Treyarch insisten en que seguirá
sendo posible xogar de balde contra os servidores da compañÃa, polo que o
pagamento por servidores dedicados serÃa algo destinado só a grupos de usuarios
que queren un maior control sobre o xogo.