Código Cero cumpre 11 anos na web
mércores, 25 de xullo do 2012- Asà era codigocero.com durante o seu primeiro ano na web
Durante os últimos meses estivemos a celebrar o 10º aniversario
da revista Código Cero, pero tal publicación naceu inicialmente na web,
concretamente un 25 de xullo, de xeito que hoxe é o dÃa no que celebramos 11
anos informando sobre as TecnoloxÃas da Información e a Comunicación en galego,
feito que consideramos toda unha honra, pois ter mantido o medio activo durante
tanto tempo só é posible grazas ao xeneroso apoio de empresas, asociacións,
administracións e institucións, asà como dos lectores, que coa súa fidelidade e
confianza déronnos a forza para seguir con este proxecto que agardemos que
continúe moitos anos a servir de testemuña do cada vez máis vivo sector TIC
galego.
Se botamos a vista atrás podemos lembrar que este medio dixital naceu como un
complemento do programa da Radio Galega Código
(espazo radiofónico do que tomou o relevo o actual Banda Ancha,
dirixido tamén por Xosé MarÃa Fernández Pazos) que pretendÃa axudar a superar o
atranco de dar enderezos web a través das ondas, e que pasiño a pasiño foi
evolucionando adoptando novos contidos como un boletÃn diario por correo
electrónico (actualmente operativo) e un boletÃn semanal de 4 páxinas en PDF
(que evolucionarÃa no que hoxe é a nosa edición impresa), consolidándose como
un medio de referencia na nosa comunidade, tanto por informar sobre tecnoloxÃa
como por optar polo galego como canle vehicular. Grazas a todos os que fixeron
iso posible.